bon pollo
S.D TEUCRO BON POLLO
                                                 INFANTIL
CLASIF.
PARTID.
  CALEND.  
federaciongallega
ABANCA

deportegalego

pontevedra DEPUTACION Visit deportepontevedra galiciasaudable

Primeira volta Teucro Bon Pollo

Domingo, 20 Diciembre 2015 20:52

Rematou a primeira fase da liga na que estes Guerreiros Azuis foron de menos a máis.

Unha primeira volta na que custou un pouco ir acoplando ao equipo ata a súa configuración definitiva e na que só se conseguiu puntuar gañando o partido contra o Seis do Nadal en Coia.

Ben distinta foi a segunda volta. Empezou cun gran partido en Tui onde a piques se estivo de dar a “badalada” poñendo contra as cordas a un dos dous equipos máis potentes do grupo. Continuou coa segunda vitoria có Seis do Nadal, esta vez en Pontevedra; unha digna actuación fronte ao todopoderoso Luceros en Cangas pese ao resultado; a vitoria contra o E.D. Poio e, para rematar, un gran partido gañando ao BM Moaña na súa casa.

Pero isto sabe a pouco, o sangue azul dos nosos Guerreiros está que ferve por volver á area a demostrar o que saben facer, balonmán en estado puro.

Este é o equipo SD TEUCRO BON POLLO, tempada 2015/2016: Diego L., Breogán, Adrián, Álvaro, Diego F., Lois, Quique, David, Mario, Germán, Sergio, Jaime, Manu e Carlos. Adestrados por Carlos García e o seu delegado Tomás Fariña (que na foto está detrás da cámara).


  La S.D. Teucro agradece el trabajo desinteresado de padres y aficionados de redactar y confeccionar estas crónicas, sabemos de su dificultad, redactadas siempre bajo el punto de vista y opinión de su autor, el club solamente las traslada y cede este espacio libremente a sus autores, no manifestándose sobre las mismas, pudiendo estar o no de acuerdo, gracias por mantener vivo el balonmano azul.

zoofirma.ru